O executivo muradán avanza na licitación das obras de reforma da Praza do Cristo de  Tal

MUROS> A actuación, que virá a dar resposta a unha vella demanda da veciñanza desta parroquia, ten un orzamento duns oitenta mil euros.

As obras teñen coma principal finalidade a rehabilitación da praza, situada a carón da igrexa parroquial. Ademais da mellora integral do entorno, a actuación prevé a retirada do vello palco de música existente, en moi mal estado.

A actuación, cun orzamento duns 80 mil euros, será executada con cargo ó Plan Único da Deputación da Coruña.