A terceira edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro queda deserta

POBRA> O xurado daba a coñecer esta mañá a súa decisión. Considera que das oito obras presentadas este ano ó concurso, que organiza o Concello en colaboración coa Asociación Cultural Barbantia e a Editorial Galaxia, ningunha delas tiña a calidade suficiente como para outorgarlle o galardón.

Despois da minuciosa lectura dos oito traballos presentados este ano á terceira edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, o xurado decidiu declarar deserto o certame.

Foi unha decisión para eles complicada, pero que se toma coma unha aposta inequívoca pola calidade do propio premio literario.

E máis aínda coñecendo o éxito obtido nas dúas primeiras edicións, na que os gañadores foron Patricia Mallo e Neira Cruz, dous autores moi recoñecidos.

Dende o Concello da Pobra, entidade que, xunto coa Asociación Cultural Barbantia e a editorial Galaxia, organiza este certame, valoraron a decisión, animando a volver a presentarse na próxima edición.

O Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro ten unha dotación económica de 1.500 euros para a obra gañadora, así como a súa publicación na colección Árbore da Editorial Galaxia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí