O PP da Pobra critica que o goberno solicite a reversión de terreos que xa son municipais

A POBRA> O PP da Pobra critica a falla de coñecemento amosada polo goberno local na recente reunión con Portos de Galicia. Din os populares que os terreos que pretender reverter ó concello xa son de titularidade municipal.

O anuncio da reversión á titularidade municipal dos terreos que ocupa a alameda, a Praza Maior e o parque do Castelo, na Pobra, causou estupor nas filas populares. O voceiro do PP da Pobra aclarou que esta zona xa pertence ó concello dende 1977 polo que acusa de descoñecemento ó goberno local.

Ademais desa falla de coñecemento critican a escasa ambición amosado polo executivo ó non ter demandando a reversión dos terreos onde se empraza o mercado ambulante que sí son de dominio portuario.

Ademais da existencia dos documentos de 1977 que acreditan a titularidade municipal, o PP lembra que a zona  obxecto da negociación figura como terreo municipal no propio PXOM.