Comeza a preparación da décima edición de Culturgal

Pontevedra> Os días 1-2-3 de decembro o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá a décima edición do Culturgal. Unha edición especial que chegará dúas novidades, a primeira: a presenza de Portugal neste evento, e a segunda: a creación dun espazo expositivo de arte contemporánea. A décima edición do Culturgal xa quenta motores, os días 1-2 e 3 de decembro o Pazo da Cultura acollerá esta cita que o pasado ano visitaron máis de 15 mil persoas. As principais novidades deste ano son a apertura ao exterior desta Feira coa presenza da cultura portuguesa na mesa e en segundo lugar a creación dun espazo expositivo de arte contemporánea. Os prezos manteranse nesta décima edición. Un evento que contará con 4 espazos, un institucional, outro de expositores privados, unha área de intervención e unha área para obradoiros. Nesta edición haberá 128 stands dos cales xa están 66 ocupados.