Agustín Fernández non seguirá na secretaría xeral do PSdeG-PSOE en Pontevedra

Pontevedra> Agustín Fernández anunciou esta mañá que non se presentará á reelección como secretario xeral do PSdeG-PSOE na cidade de Pontevedra.  Fernández dixo que se trata dunha decisión que xa tomou no mes de novembro ao entender que non se pode compatibilizar a xestión orgánica do partido co traballo da portavocía. Iso sí, Fernández non descarta presentarse ás primarias socialistas para elixir o cabeza de lista deste partido de cara ás eleccións municipais do 2019.

Agustín Fernández non seguirá como secretario xeral do PSdeG-PSOE de Pontevedra, así o comunicou esta mañá. Foi unha decisión que tomou hai tempo e que considera necesaria polo ben do seu partido.

Fernández di que de momento seguirá exercendo as súas resposabilidades dentro do partido.

De cara aos vindeiros comicios do 2019 non descarta presentarse ás primarias do PSOE para ser o cabeza de lista do seu partido.

Para Fernández o 2019 será un ano clave para o PSOE, un ano onde considera que o seu partido pode ter moito que dicir despois de todas as disputas internas.

Os socialistas elixiran ao novo coordinador o vindeiro xoves 18 de xaneiro.