Domínguez acusa ao BNG de pagar 20.000 euros ao ano polos terreos da Canicouva ‘nos que non se fará nada’

PONTEVEDRA> Continúa o debate sobre a planta de compostaxe da Canicouva. O PP insiste en que este servizo non se vai poder construír nesa localización. Un aspecto que preocupa ao líder da formación. Segundo di Rafa Domínguez, o novo contrato do lixo deixa aberta a porta a que a futura empresa adxudicataria acabe decidindo onde se vai asenta-la planta.

O PP de Pontevedra continúa dándolle voltas á planta de compostaxe da Canicouva. Atendendo ao novo contrato do lixo, o voceiro da formación amosa a súa preocupación porque sexa a nova empresa concesionaria, e non o concello, a que decida onde se vai asentar finalmente a planta. Ademais, o popular ten claro que tecnicamente é moi difícil que se poida instalar nos terreos xa alugados.  Rafa Domínguez critica que o concello leve sete anos pagando sen que o proxecto avance. Di que a planta na Canicouva non interesa ao BNG e para iso pon varios argumentos sobre a mesa. O primeiro, aínda non se modificou o tipo de solo.

Indica que o Concello tampouco solicitou o informe de impacto ambiental. Ademais, di os accesos non son suficientes para o tránsito de camións e que anchea-la vía precisa de expropiacións.

O popular sospeita que realmente o Concello non ten interese en facer alí a planta. Creo que a única finalidade é pagar 20.000 euros ao ano á comunidade de montes.

Pola súa banda, o Concello considera que o PP está  a mentir. Atendendo á Lei do Solo, indican que non é preciso modificar o Plan Xeral, tal e como afirmou Rafa Domínguez, para situar esta planta nos terreos da Canicouva. Din non entende-la cruzada ‘virulenta e enfermiza’ dos populares contra a planta de compostaxe. E apuntan que os arguementos de Domínguez están baseados ‘nunha sarta de barbaridades’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí