O Concello mellorará a mobilidade da área comprendida entre Raíña Vitoria e a desembocadura do Gafos

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra presentou esta mañá un novo proxecto de intervención urbana nos barrios. Trátase da zona comprendida entre San Roque, Raíña Vitoria e a desembocadura do Gafos. O goberno municipal quere mellorar a mobilidade interior nesta área, así como a seguranza e a accesibilidade.

Estender o proceso de reforma urbana a todos os barrios, mellorar a conexión co resto da cidade, así como a mobilidade interior, a seguranza e o acceso aos centros de ensino. Eses son os principais obxectivos deste novo proxecto de intervención urbana. Unha actuación ampla e complexa que se levará a cabo na área comprendida entre Raíña Vitoria e a desembocadura do Gafos.

Para levar a cabo estas actuacións, o goberno municipal terá en conta dous estudos. O primeiro estase a realizar coa Asociación Amizade e ten que ver coa accesibilidade a todo o barrio.

O segundo estudio está en proceso de contratación e con el preténdese mellorar a mobilidade interior nesta zona.

O estudo de mobilidade terá un custe de 18.000 euros e terá que estar rematado nun prazo máximo de 4 meses. Unha vez finalizados os dous traballos, o goberno municipal asegurou que manterá reunións cos veciños e coa comunidade educativa do Sánchez Cantón para escoitar as súas peticións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí