Pontevedra postúlase como candidata para acoller o Europeo de Loitas Olímpicas

Pontevedra> A Federación Internacional de Loita visitou esta mañá as instalacións de Pontevedra para acoller o Europeo Junio de 2019. A cidade do Lérez é candidata oficial e compite con outras dúas localidades de Moldavia e Polonia. En marzo do 2018 saberemos qué lugar acollerá esta cita deportiva. Pontevedra é unha das candidatas oficiais para acoller o Campionato Europeo Junior de Loitas Olímpicas 2019. Unha cita para a que compiten con outras dúas cidades, unha de Moldavia e outra de Polonia. Segundo o alcalde son moitos os motivos de querer achegar á cidade do Lérez un evento destas características. A comisaria da Federación Internacional visitou esta mañá a cidade e o pabellón municipal de Deportes para coñecer de primeira man as instalacións que posúe Pontevedra, dixo que se por ela fora sería ao 100 por 100 na Boa Vila pero que as outras dúas cidades que optan a acoller este evento son fortes e teñen a experiencia de acoller citas destas características. A reunión do comité internacional está prevista para o vindeiro mes de agosto en París, peor non será ata marzo do 2018 cando se coñeza o veredicto final. O alcalde xa adiantou que se non é desta Pontevedra seguirá insistindo nos vindeiros anos para acoller este campionato