O Noia Fútbol Sala militará na Segunda División

    NOIA> O Noia Fútbol Sala xogará na próxima semana na Segunda División. O ascenso á categoría nacional supón un reto para o equipo que contará co apoio dos patrocinadores e do concello para competir con tódalas garantías. A pesar de que no play off o club noiés non acadou o ansiado ascenso, o salto á segunda división é posible posto que quedaban dúas vacantes unha das cales lle pertencía ó Noia. Nada máis ter comunicación por parte da Federación Galega, dende o club traballaron a reo na busca de apoios para poder militar nesta categoría. A partir de agora o equipo pasará a chamarse Noia Portus Apostoli Fútbol Sala co fin de contribuír á proxección da vila a nivel nacional.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí