Barro proxecta unha ‘ambiciosa’ depuradora central para solucionar as eivas no saneamento

BARRO> O Concello de Barro quere construír unha nova depuradora. O proxecto busca dar resposta servizo ós lugares que a día de hoxe carecen de saneamento. Ademais, o executivo local está a amplia-la depuradora de Güimil, ,ante o incremento da demanda.

O saneamento é aínda unha asignatura pendente no concello de Barro. O goberno local ten en marcha un ambicioso proxecto para dar resposta ás necesidades dos veciños, que se traduce na futura construción dunha nova depuradora que dea servizo a todos os lugares que arestora están sen el.

O executivo de Barro tamén ten planificada a ampliación da depuradora de Piñeiro, para aumenta-la súa capacidade.

O proxecto avanza máis lento do agardado, polas incremencias meteorolóxicas. Ao mesmo tempo, o equipo de Abraldes está executa-la rede de sanemeanto na zona de Güimil.

O cocnello ten tamén a vista posta nos accesos aos núcleos rurais. Unhas melloras que xa tiveron moito peso no primeiro mandato dos nacionalistas e que, segundo indica o alcalde, manteranse como eixo de actuación neste segundo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí