PONTEVEDRA> A ‘San Silvestre máis silvestre’ de Pontevedra supuxo tamén todo un récord de solidariedade. A proba celebrada o pasado 31 de decembro recadou 2,3 toneladas de alimentos e produtos non perecedoiros achegados polos seus participantes na tradicional recollida solidaria.
Todo o recadado foi entregado xa ao Banco de Alimentos de Pontevedra. Os organizadores da proba celebran a boa acollida da San Silvestre e tamén a onda de solidariedade dos participantes. Lembran que aínda é posible facer achegas. O obxectivo é liquida-las 300 camisetas que quedaron nos vindeiros 15 días.