Ciudadanos demanda medidas de seguridade na estrada de Abanqueiro ó Saltiño

    BOIRO> Ciudadanos Boiro denuncia o mal estado do vial que comunica os núcleos de Berres e O Saltiño. O seu voceiro, Javier Chouza, solicita que se dote de beirarrúas a esta estrada, cada vez máis transitada. A agrupación de Ciudadanos en Boiro volve insistir na falla de seguridade no vial de Berres que conecta co Saltiño, un treito de aproximadamente un quilómetro que non conta con beirarrúas nin alumeado. Nos últimos anos, a vía rexistrou un importante incremento do tránsito rodado posto que constitúe un atallo para chegar de Abanqueiro a Cabo de Cruz. Sen embargo, non se ten acometido ningunha actuación posto que se trata dunha estrada afectada polo Plan de Ordenación do Litoral. Este argumento non convence a Ciudadanos que esixe do goberno local a toma de medidas a través dunha moción que levarán ó próximo pleno.