A solidariedade, a principal vacina contra o coronavirus

PONTEVEDRA> A solidariedade crece ante esta emerxencia sanitaria. Co obxectivo de que os colectivos máis vulnerables permanezan nos seus domicilios, son moitas as persoas que lles ofrecen axuda. Ir ao supermercado, pasear ao can ou coidar aos máis pequenos son algunhas das accións máis repetidas.

As redes sociais convertéronse estes días na cume da solidariedade. Porque ante o estado de alarma, son moitos os que se ofrecen a axudar aos colectivos máis vulnerables. Un exemplo é este. Unha iniciativa por parte de Taponeta coa que se pretende botar unha man ás persoas maiores ou con mobilidade reducida.

Polo de agora, a Taponeta só recibiu a petición dunha veciña, pero este colectivo está disposto a colaborar con todos os que precisen a súa axuda.

Pero axudar nesta crise sanitaria non é tan doado como parece. Porque ademais de ter vontade para facelo é imprescindible manter unhas medidas de seguridade.

Dende a Taponeta queren ser positivos e pensar no bo que está a deixar esta crise sanitaria. Porque o medo e a inquedanza só se combate con solidariedade e comunidade.

Esta iniciativa é tan só un exemplo do importante que é a solidariedade na loita contra o coronavirus. Porque todos podemos aportar o noso gran de area e colaborar cos que máis precisan axuda nestes momentos complicados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí