Ata o 6 de agosto poden desfrutar da artesanía de Chalana

Pontevedra> O paseo de Odriozola, en Pontevedra, acolle ata o 6 de agosto a décima edición da Feira Atlántica da Artesanía e do Deseño, Chalana 2017. Unha feira onde poderán atopar traballos artesanais en madeira, prata, coiro ou la. Aínda lles quedan moitos días por diante para desfrutar desta cita onde poderán atopar produtos moi orixinais. O paseo de Odriozola acolle un ano máis Chalana 2017. Unha cita na que algún destes artesáns chegan por primeira vez. E a grande maioría repiten experiencia… unha feira de artesanía onde nos podemos atopar de todo un pouco… Os profesinais que traballan neste evento están encantados co espazo que ocupan nestes días. E as vendas van como dia a canción de moda deste verán, DESPACITO, pero pouco a pouco agardan que se vaia animando a cousa. Xa o saben ata o 6 de agosto en horario de 11 a 14:00 e de 19:00 a 23:00 poderán desfrutar desta decimo edición de Chalana