Os titulares das concesións dos nichos do cemiterio terán prioridade á hora de renovalas

POIO> O concello de Poio aclarou esta mañá as dúbidas levantadas ao redor do novo regulamento do cemiterio municipal. O Partido Popular criticou a nova norma, sobre todo por outorgar concesións que caducan tras 75 anos. Dende o goberno local explicaron que, transcorrido este tempo, os titulares terán preferencia de solicitar unha nova concesión.

 

Regularizar as titularidades das parcelas do cemiterio municipal de San Xoan de Poio é o obxectivo da nova regulamentación que presentou o concello. A parte máis polémica da nova norma é a que fixa a duración das concesións de titularidade: 75 anos prorrogables a 99.

Deste xeito, o goberno local sae ao paso das críticas do Partido Popular, en desacordo co feito de que as tumbas non se poidan deixar en herdanza.

No novo regulamento, que aínda non irá ao vindeiro pleno, o goberno local regula outros aspectos que non se contemplaban no actual. Entre eles, a transmisión das parcelas daquelas persoas que non teñen interese en mantelas.

Tamén articula mecanismos para que as parcelas abandonadas poidan volver ao concello e entrega documentación das concesións ás familias que posuían tumbas con data anterior á primeira ampliación do cemiterio, nos anos 60. Nestes casos, ao non existir un rexistro oficial, o tempo da concesión contabilízase dende esta primeira intervención no camposanto municipal.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/22/cemiterio_poio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/22/cemiterio_poio.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí