5 anos de prisión por tentar matar a un home en Vilagarcía

Pontevedra> O veciño de Vilagarcía de Arousa que sentou na bancada dos acusados por tentar matar a un home en abril do 2016 recoñeceu os feitos. Tras a confesión do procesado o fallo xudicial xa é firme cunha condena de 5 anos de prisión. Os feitos do caso que hoxe se xulgou na sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra remóntase a abril do 2016 onde nunha pelexa na Praza da Independencia de Vilagarcía o acusado deulle dúas puñaladas no costado cunha navalla que levaba e non lle cravou unha terceira porque llo impediu un dos implicados que levou ao ferido do lugar. A fiscal do caso modificou as súas conclusións para engadir que, no momento dos feitos, o acusado consumira alcol de modo que reduciu a petición de condena por un delito de homicidio en grao de tentativa. Tras a confesión do acusado tanto a acusación particular como a súa defensa estiveron dacordo coa Fiscalía e o home aceptou a pena de 5 anos de prisión. O fallo xudicial xa é firme ao non recorrer ningunha das partes.