Da Silva baralla deixar a comisión do PXOM

PONTEVEDRA> As discrepancias entre o grupo de goberno de Pontevedra e a oposición seguen a facerse evidentes no tocante a urbanismo, ata o punto de que a concelleira da materia, Carmela Silva, está a plantearse deixar de asistir á subcomisión creada para tratar de impulsar ó PXOM. E é que as diferenzas parten do máis básico: o BNG considera que nestes intres non é factible nin necesario un novo Plan Xeral, e para a oposición é máis urxente ca nunca.

 

 

O Plan Xeral de Pontevedra estase a converter nun motivo máis de fractura entre o goberno local e os grupos da oposición. Trala comisión de Urbanismo celebrada esta mañá, as cousas non puideron rematar máis quentes. A concelleira do ramo, Carme da Silva, saíu planteándose a idea de non volver a asistir á subcomisión do PXOM. Di que hai concelleiros que van cos deberes sen facer, que solicitan documentación que xa é pública, e no fan máis que atrasar o traballo.

 

Pero é que as diferenzas veñen de base. E é que o BNG considera que nestes intres nin é preciso nin factible elaborar un plan xeral. E para os demáis grupos é máis urxente ca nunca.

 

E para avanza, a voceira da comisión avanzou hoxe que á próxima reunión estará convidada a directora xeral de Urbanismo, para preguntarlle se os terreos de Ence en Lourizán e os reservados para o Hospital Monte Carrasco poden quedar fóra do PXOM, e se a Xunta está disposta limar asperezas co goberno pontevedrés.

 

 

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/26/PXOM_PONTEVEDRA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/26/PXOM_PONTEVEDRA.mp4{/flowplayer}