Os candidatos dos principais partidos poñen fin a unha campaña electoral atípica

PONTEVEDRA> Os candidatos dos principais partidos puxeron hoxe o peche a unha das campañas electorais máis atípicas dos últimos tempos. Os obxectivos de cara ao domingo son moi distintos. O PP de Alberto Núñez Feijoo busca revalidar a súa cuarta maioría absoluta. Pola súa banda, o PSOE e o BNG queren conseguir un cambio para Galicia.

Coas campás da Igrexa da Peregrina soando de fondo, o candidato do PP visitou esta mañá Pontevedra. O fixo para poñer fin a unha das campañas electorais máis atípicas. Neste acto, Alberto Núñez Feijóo apelou á necesidade dun Goberno galego que acredite seguridade e experiencia.

O candidato do PSOE achegouse tamén esta mañá a Pontevedra acompañado do ministro de Transportes, Jose Luís Ábalos. Gonzalo Caballero pediu o voto para os socialistas, “o único voto útil para o cambio en Galicia”. Un cambio que se centrará en reforzar os servizos públicos e, en especial, a sanidade pública.

Pola súa banda, o BNG dirixiuse aos votantes indecisos e inconformistas. O candidato nacionalista pola provincia de Pontevedra asegurou ter moi boas expectativas de cara ao domingo. O discurso de Luís Bará centrouse na ilusión e na confianza de “Pontonizar” Galicia.

Os candidatos dos tres principais partidos apelaron á mobilización do voto e fixeron un chamamento a todos os pontevedreses para acudir ás urnas este domingo.