O Flop Cinema regresa a Pontevedra con novos filmes reivindicativos

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra presentou esta mañá unha nova edición do Flop Cinema. O Covid-19 obrigou ao goberno municipal a reprogramar o cartel deste ano. Un cartel que foi presentado esta mañá e que inclúe unha gran selección de filmes.

A Praza da Pedreira de Pontevedra converterase un ano máis no escenario do Flop Cinema. Un festival de cine ao aire libre que busca visibilizar ao colectivo LGTBIQ+.

O Flop Cinema arrancará o vindeiro 29 de xuño ás 22:30 horas coa película “Noite Irisada”. Ademais, este mesmo día haberá un cinefórum coa directora da obra, Beatriz Vázquez e Nanina Santos. O martes 30 de xuño continuará a programación co filme Linguas Desatadas, unha selección do Cineclube Pontevedra.

Este ciclo de cinema continuará o mércores 1 de xullo cunha selección de curtametraxes a cargo do FIC Bueu. Entre as obras elixidas destaca a obra galega Fumando Espero.

Por último neste ciclo chegarán á capital da provincia dúas seleccións de Avante Pontevedra e de Novos Cinemas: The Handmaiden e Crazy.

Todas as proxeccións serán gratuítas e, como non podía ser doutro xeito nestes tempos de coronavirus, haberá aforo limitado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí