Os Cruceiros Costeiros de Galicia amplían a súa oferta

    SANXENXO> Este mércores presentáronse en Sanxenxo as novas ofertas dos “Minicruceiros costeiros polas Rías de Galicia” para esta campaña 2017-2018. Un acto ao que asistiron numerosas personalidades políticas e empresariais. “Minicruceiros costeiros polas Rías de Galicia”, ese é o nome da proxecto que este mércores se presentou en Sanxenxo, e que se engloba dentro da iniciativa Cruceiros Costeiros de Galicia. Unha iniciativa que xorde para promocionar as rías galegas e os seus portos. Este proxecto está impulsado pola Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, en colaboración con Turismo de Galicia e a Asociación de Actividades Náuticas. Toda unha oportunidade para promocionar os portos e a costa galega, como sinalou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Catro propostas e seis itinerarios diferentes constitúen a oferta para este 2017/2018. Todos aqueles que se animen a realizar algunha das opción que se ofertan poderán coñecer recunchos de Galicia, como o Parque das Illas Atlánticas ou realizar o traxecto que fixeron os restos do Apóstolo Santiago. Para os que queiran saber un pouquiño máis, poden consultar a páxina web www.nauticdestination.org.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí