Gabrielle Frein, concelleira da Illa e voluntaria do prestige: `só a transición enerxética pode evitar outra desastre’

A ILLA> A desgraza do Prestige non causo máis danos grazas ao traballo dos voluntarios. Unha destas persoas que non dubidou en lanzarse ás praias a axudar foi a concelleira de medio ambiente da Illa de Arousa, Gabrielle Frein. A edil explica a catástrofe que se atopou ao chegar aos areais galegos hai 20 anos e advirte que só a transición enerxética pode evitar que ocorra outra desgracia como esta.

A catástrofe medio ambiental que supuxo o prestige hai 20 anos puido haber causado danos aínda máis graves de non ser pola rápida acción e o incansable traballo dos voluntarios. Unha destas persoas que se lanzou ás praias galegas a recoller chapapote foi Gabrielle Frein, a actual concelleira de medio ambiente da Illa de Arousa. A edil explica o desastre que se atopou ao chegar á costa.

Gabrielle tamén conta que os voluntarios estaban sos días tras día para recoller o chapapote.

A concelleira considera que a situación non só non mellorou, se non que aínda empeorou debido a gran tráfico de barcos que navegan polas costas galegas.

Gabrielle considera que a única solución para evitar que volva acontecer unha desgraza como a do prestige é a través da transición enerxética.

Precisamente a Illa de Arousa é un dos concellos que desenvolve varias medidas en favor da transición enerxética. Medidas como a de crear unha comunidade enerxética para xerar enerxías renovables para abastecer á propia Illa e instalar paneis solares en diferentes edificios municipais.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí