A Xunta de Galicia destina 3,7 millóns de euros para proxectos do sector vitivinícola

CAMBADOS> A xunta de Galicia outorga 3,7 millóns de euros en axudas as adegas da denominación de orixe rías baixas. Máis de 80 produtores e adegas vense beneficiados por estas subvencións destinadas a mellorar a comercialización e promoción do viño e para a restauración das vides. Unha destas compañías é Martín Códax que destina os fondos á dixitalización dos procesos para mellorar a calidade dos seus viños.

Un dos sectores máis importantes na comarca do Salnés e nas rías baixas é o vitivinícola. As adegas levan anos aumentando a súa produción e as súas vendas repercutindo economicamente na provincia. Dado a importancia do sector, dende a Xunta puxeron a disposición das adegas e dos produtores da D.O. Rías Baixas 3,7 millóns en axudas para mellorar a comercialización e promoción do viño e para restauración das vides.

O delegado da Xunta deu conta destas axudas nunha visita a Martín Códax. A adega é unha das beneficiarias destas subvencións.

A eficiencia enerxética e a sustentabilidade son as patas principais dos proxectos que está levando a cabo Martín Códax.

Aproveitando a visita os representantes de Martín Códax e da Xunta de Galicia mantiveron conversacións para coñecer as necesidades do sector e coñecer as formas de seguir potenciándoo.