O executivo boirense substitúe os sistemas de iluminación no edificio do Concello

    BOIRO> A actuacion incluira ademais as instalacións do mercado e tamén as do parquing municipal. Con esta actuación iniciada hai xa varias semanas o Concello verá reducido o seu consumo eléctrico nun 60%, reducindo tamén a contaminación lumínica. As obras están a levarse a cabo na propia casa consistorial e nas instalacións do mercado e no parquing municipal. Pasarase das 1289 lámpadas convencionais ás 850 de tecnoloxía led. Está incluída no Plan Provincial de Medio Ambiente da Deputación da Coruña cun investimento duns 17 mil euros. O prazo de execución das obras será de dous meses.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí