35 mozos participan nos campos de traballo de Sálvora e Corrubedo

    RIBEIRA> Un grupo de mozos de entre dezaoito e trinta anos participan nos campos de traballo que se están a desenvolver no Parque Natural de Corrubedo e na Illa de Sálvora, Trátase de dúas iniciativas de voluntariado, impulsadas pola Xunta, para fomentar a conservación da natureza. Son mozos de entre dezaoito e trinta anos. Moitos galegos ou doutras comunidades autónomas pero tamén chegados de países veciños como Francia ou latitudes máis lonxanas como Rusia. Mestura de culturas unidas por un denominador común: o amor pola natureza que lles levou a participar nos campos de traballo desenvolvidos no parque natural de Corrubedo e na Illa de Sálvora. Ademais das actividades medioambientais, os mozos desfrutan dun amplo programa que combina o coñecemento da zona co lecer. Unha oportunidade única para compartir experiencias e cultivar novas amizades. Esta mañá recibiron a visita das directoras xerais de Xuventude e de Conservación da Natureza, departamentos impulsores destes campos de traballo, que agradeceron a súa contribución á preservación do medioambiente. O alcalde de Ribeira, pola súa banda, ensalzou o compromiso deste grupo de mozos que debería ser o mellor exemplo para todos aqueles que visiten estas xoias naturais.