Noia aposta por celebrar a festa de Reis no pavillón ante as malas previsións meteorolóxicas

NOIA> As malas previsións meteorolóxicas para o domingo, obrigaron ó concello de Noia a cambiar de plans. Aínda que manterán as carrozas listas para saír no caso de que a chuvia dea unha tregua, todo apunta a que os Reis recibirán ós nenos no pavillón Agustín Mourís.

Aínda que agardarán ó último momento, o máis probable é que os Reis non poidan percorrer as rúas de Noia o próximo domingo por mor das malas previsións que apuntan a unha forte borrasca. Aínda así os pequenos da localidade non quedarán sen velos porque se organizará unha recepción e gran festa con animación no pavillón Agustín Mourís.

O que si que está garantido é a visita dos Reis a tódalas parroquias. Percorrerán os distintos centros sociais e farán unha última parada na residencia da terceira idade.