Pontevedra> 2426 barcos chegaron a Galicia no primeiro semestre deste ano. Un dato que esta mañá deu a coñecer o presidente de Portos de Galicia . A nosa comunidade tivo un aumento do 20 por cento en xeral e do 11.3 por cento nas Rías Baixas en canto ao número de tránsitos. Durán destacou o notable incremento en portos como o de Pedras Negras no Grove, o de Sanxenxo e o de Portonovo. Hai moitos medios de transporte para chegar a nosa comunidade, en vehículo propio, en avión, en tren, en autobús e tamén en barco. O presidente de Portos de Galicia fixo balance dos tránsitos da nosa comunidade, que en comparación co 2016 sufríu un ascenso do 20 por cento. 2426 barcos chegaron ás costas galegas no primeiro semestre do 2017,os portos das Rías Baixas son un dos preferidos da comunidade galega. Os lugares de procedencia das persoas que viaxan en barco son principalmente de Francia, Gran Bretaña, Irlanda, Alemaña e Croacia. O perfil é de persoas entre 50-70 anos cunha posición económica cómoda e coñecedoras do espazo marítimo. O turista fai unha media de 1,5 noites na nosa comunidade e deixa 200 euros aproximadamente. O que significa que neste primeiro semestre e grazas aos tránsitos Galicia tivo un retorno económico de 800 mil euros.
Inicio PONTEVEDRA