Pontevedra> Palabrería, desinformación, mentiras, non ter proxecto e contar cunha administración paralizada. Así resumiron dende o PP provincial os dous anos de Goberno do PSOE e BNG na Deputación. Nun acto organizado nos xardíns de Vicenti onde estiveron presentes alcaldes do PP e membros do tecido asociativo da provincia. Na semana pasada facían balance dende o Goberno da Deputación dos dous anos de mandato e agora dámoslle a volta a moeda e fan ese balance dende as filas do PP, nun acto con moitos convidados, entre os que non faltaron os alcaldes e voceiros do PP da provincia e numerosos voceiros e memmbros do tecido asociativo. Un acto numeroso, o que tivo lugar nos xardíns de Vicenti de Pontevedra, e onde o PP quixo amosar o seu sentir tras dous anos de Goberno do PSOE e o BNG. Neste acto déronlle voz a asociacións de diferentes ámbitos como por exemplo a plataforma o rural existe. Tamén falaron da deixadez que a Deputación ten no ámbito cultural, e déronlle a palabra ao antigo presidente da Escola de Gaitas da Deputación, un centro que o actual Goberno decidiu por diversos motivos eliminar. Queixa tamén dende o colectivo de persoas con diversidade funcional, iso si, nesta ocasión fixoo unha nai no seu nome xa que o asociación que representa non quixo estar presente como tal neste acto Un acto organizado e convocado polo PP Provincial onde puidemos escoitar numerosas e diversas críticas ao actual Goberno da Deputación.
Inicio PONTEVEDRA











