Un home de 40 anos perde a vida nun accidente de tráfico en Pontevedra

PONTEVEDRA> Accidente mortal en Pontevedra. Un home de 40 anos perdeu a vida nun accidente frontal entre dous coches na parroquia de Alba. O suceso produciuse esta mesma tarde na PO-531. Outras tres persoas resultaron feridas no incidente.

Accidente de tráfico mortal en Pontevedra. O suceso produciuse pouco antes dás 16:00 horas na parroquia de Alba. Dous vehículos impactaron de maneira frontal nesta curva da PO-531, a estrada que une a Cidade do Lérez con Vilagarcía. Así quedaron os dous turismos tras esta grave colisión.

Polo de agora descoñécese o motivo do accidente. O condutor que resultou ferido deu negativo na proba de alcoholemia. No operativo interviñeron os Bombeiros de Pontevedra, a Garda Civil de Tráfico e o Servizo de Urxencias de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí