8M, un paso máis pola igualdade

PONTEVEDRA> A dous días do 8 de marzo, toca analizar todos os avances que conseguiron as mulleres no último ano. Ademais, para que a manifestación deste venres volva a ser multitudinaria e histórica, os colectivos feministas piden a toda as pontevedresas que saian a rúa para loitar polos seus dereitos.

As pontevedresas están chamadas a participar na folga deste venres 8 de marzo. E a dous días dunha data tan importante para as mulleres, o colectivo Galegas 8M analiza todos os motivos polos que é tan necesario saír a rúa.

A manifestación do 8 de marzo de 2018 marcou un antes e un despois na historia do feminismo. Unha data que ninguén pode esquecer, sobre todo polos avances que conseguiron as mulleres grazas a esa folga.

A manifestación do ano pasado foi histórica e multitudinaria. Por iso agora é tan importante que as mulleres non dean nin un paso atrás na loita dos seus dereitos.

Os colectivos feministas animan a todas as pontevedresas a participar na folga de traballo, de coidados, estudantil e de consumo e piden que saian a rúa para volver a demostrar que a loita das mulleres continúa viva.

Para o 8 de marzo, está programada unha concentración á 13.00 horas na Praza da Ferraría. Ás 20.00 horas, partirá unha manifestación dende a Praza do Hospital Provincial ata a Alameda, onde lerase un manifesto por as feministas históricas que facilitaron o traballo a todas as mulleres que viñeron detrás.

Comments are closed.