A ameixa escasea nos bancos de Ribeira

    RIBEIRA> A escaseza de marisco está a condicionar a campaña de verán en varias confrarías arousás. Falamos co presidente dos mariscadores de Ribeira, onde se está a capturar unha media de seis quilos de ameixa, moi por debaixo dos quince que establece o tope. A pesar do cambio de zona, posto que agora están a traballar no banco de Ameixida, os mariscadores de Ribeira non notaron un incremento das capturas. Marisco escaso e de pouco tamaño, o que fai pensar nun desove tardío o una falla de nutrientes para engordar o bivalvo. Aínda así, a alta demanda que se experimenta no verán, especialmente coincidindo coas festas, fai manter as boas expectativas posto que a ameixa soe cotizar á alza. Nas últimas semanas, a confraría realizou labores de limpeza e retirada de algas co fin de mellorar o estado dos bancos e incrementar a producción.