OUTES> O concelleiro de Cultura, Anxo Núñez, xunto co técnico do seu departamento, Santiago Nieto, foron os encargados de dar a coñecer esta importante nova a nivel cultural.
O Concello vén de adheririse o Circuíto Estatal de Artes Escénicas para Audiencias Escolares, AUDACES, converténdose así no primeiro e único territorio de toda Galicia en formar parte desta iniciativa, con outros 17 espazos a nivel estatal.
Dende Outes destacaron a importancia desta proposta, que permitirá achegar á localidade espectáculos teatrais para público escolar de primeiro nivel, achegando a cultura á rapazada e á mocidade e incrementando a oferta de lecer do Concello.
A adhesión a este Circuíto comezará a materializarse xa ó longo do curso 2024-25.
O catálogo de Audaces incorpora unha trintena de espectáculos, dos que Outes se poderá beneficiar dun total de catro.








