O colexio de Bergondo contará cun novo pavillón a finais de ano

    NOIA> Máis de vinte e tres empresas concorreron ó proceso de licitación das obras do pavillón do colexio Felipe de Castro, en Noia. Está instalación dará servizo tamén a outros clubs e entidades da zona fóra do horario lectivo. A Consellería de Educación destina cento cincuenta mil euros á construción do polideportivo de Bergondo, unha instalación moi necesariq tanto para o colexio Felipe de Castro como para os clubs deportivos da zona. Paralelamente, o concello xestionou coa secretaría xeral para o Deporte un convenio, que se asinará proximamente, para a dotación de vestiarios, almacén e sala de caldeiras nunha instalación anexa. Suporá un investimento adicional de noventa mil euros. As obras poderían estar rematadas antes de finais de ano posto que o proceso de licitación está xa moi avanzado e o prazo de execución das obras será de tres meses. O obxectivo é que o novo pavillón estea operativo de cara ó próximo curso co fin de desconxestionar as instalacións deportivas dos outros centros escolares do municipio que agora dan servizo a este centro.