NOIA> O roubo producíase na madrugada do domingo ó luns.
Ó parecer os autores do mesmo foron tres individuos que accederon ó interior do negocio despois de romper o vidro dunha das fiestras principais do establecemento hostaleiro.
O seu obxectivo era claro: a máquina expendedora do tabaco, que cargaron nun vehículo, ó parecer tamén roubado, para emprender posteriormente a fuxida.
Dáse a circunstancia de que é o cuarto roubo que sofre este negocio en menos dun ano.
De nada valen as medidas de seguridade e as cámaras de vixilancia instaladas polo seu propietario, xa desesperado.
Desta volta, o material roubado e os danos causados poderían roldar os dez mil euros.
Dende o Concello mostran a súa preocupación por este tipo de sucesos, aínda que consideran que non é algo habitual na vila.
Por esta razón mandan unha mensaxe de tranquilidade ós veciños.











