Aparece nun hospital o veciño de Noia desaparecido hai uns días

    NOIA> A busca de José Manuel Pazos Ferrín, de 43 anos, iniciábase hai uns días despois de que a súa familia denunciase a súa falta. O home, que necesitaba medicación, fora visto por última vez en Serra de Outes. Ó parecer atopábase no hospital en bo estado, polo que se deu por finalizado o operativo de busca, segundo confirmaron fontes de SOS Desaparecidos, a asociación de axuda e difusión de casos de persoas desaparecidas.