RIBEIRA> A actividade desenvolverase durante os domingos de agosto nos catro concellos que integran a Mancomunidade. Un total de trece grupos de rexistros variados integran o cartel da segunda edición dos Vermús Musicais de Arousa Norte que esta mañá foi presentada en Ribeira. Unha iniciativa promovida pola propia Mancomunidade e organizada pola empresa A Pousada Producións. Desenvolverase tódolos domingos de agosto, incluíndo ademais as dúas primeiras fins de semana de setembro. Dende a Mancomunidade destacaron a importancia desta iniciativa, acollida con gran resposta o pasado ano, que busca a promoción dos artistas locais e a dinamización dos sector turístico. Os vermús musicais darán comezo xa este próximo domingo, con catro actuacións previstas á unha da tarde, en cada un dos concellos que integran Arousa Norte. Entre os músicos participantes na presente edición figuran Mr Cool e Tom Risco, Transilvanias, Juan Zelada, Davide Salvado ou Sonia Lebedynski. Artista esta último que para abrir boca xa nos ofreceu case en exclusiva un pequeno aperitivo da que será a súa actuación.
Inicio Barbanza - Muros - Noia