RIBEIRA> A firma, que foi a que resultou adxudicataria do concurso, asumirá a xestión do servizo de limpeza viaria no municipio por un período de doce anos. Xa hai data. O próximo 1 de setembro e por un período de doce anos, Recolte, Servizos e Medio Ambiente, firma que resultou adxudicataria da xestión do servizo de limpeza viaria no municipio, ten previsto iniciar o seu traballo. Fontes do executivo indicaron que o servizo irá implantándose progresivamente ó longo de seis meses, pasando do sistema de recollida actual a un novo modelo que incorpora a carga lateral nos camións e unha nova contenerización. A oferta presentada por Recolte, que ó final foi a mellor valorada no concurso, prevé tamén unha maior limpeza en parroquias, praias e paseos marítimos. A este respecto, cómpre sinalar que se inclúen dous tractores limpapraias que fóra da tempada de verán poderán ser empregados para favorecer os desbroces nas parroquias, ademais de incrementarse tanto a potencia como o número de barredoras. A firma xa presta os seus servizos en concellos como os de Marín e Padrón.
Inicio Barbanza - Muros - Noia