Sergio García ten xa sucesor en Barbanza

    RIANXO> Daniel Varela, un rianxeiro de tan só dez anos, actual Campión Galego en categoría benxamín, está a impresionar a moitos dos amantes deste deporte. Que mellor carta de presentación para este rianxeiro, que con tan só dez anos, é unha das grandes promesas deste deporte, non só a nivel autonómico senón tamén nacional. A pesar da súa curta idade, Daniel xa compite por toda España en torneos de adultos, onde non deixa de impresionar, chegando mesmo a brillar a gran altura e a pelexar pola vitoria con xogadores de maior traxectoria e experiencia. Aínda así os seus comezos cos paus son aínda recentes e déronse máis ben por casualidade. Dende aquela Daniel adestra con maior asiduidade varias horas á semana, tanto nas instalacións do club de Golf de Boiro de Pitch & Putt como tamén nas do Club Val de Rois, equipos cos que ademais compite regularmente. Para el non é nada sacrificado. Todo o contrario. As xornadas de adestramento e as propias competicións disfrútaas coma se dun xogo se tratara.. e ahí pode estar a clave do seu éxito. Os seus adestradores falan del maravillas, destacando por riba de todo as súas ganas de aprender e o seu xogo co putt. Sen obsesionarse, Daniel aspira a converterse nun xogador profesional e chegar algún día a poder disputar algún dos prestixiosos torneos que agora segue pola televisión. O tempo o dirá…