A Deputación de A Coruña tende a man aos concellos

    obrasdeputacion_300409.jpgBARBANZA> A administración provincial destinará 600 mil euros para sufragar as débedas de once municipios, entres eles, o concello de A Pobra e o de Boiro.

    A Deputación de A Coruña destinará seiscentos mil euros aos concellos da provincia que executaron obras ao abeiro do Plan de Mellora e Renovación do Comercio Galego da Consellería de Industria.

    No ano 2008 o concello de A Pobra adheríase ao Plan de Mellora e Renovación do comercio Galego, da Consellería de Industria e recibía unha achega de 160 mil euros para realizar obras de mellora e mantemento nas rúas Manuel Maria, Xogo da Bola, as transversais de Cardenal Patiño e Fernández Varela.

    {flowplayer}barbanza/obrasdeputacion.flv{/flowplayer}

    A Consellería subvencionou o setenta por cento destas actuacións e a porcentaxe restante debía ser aportada polo concello. Agora, a Deputación de A Coruña, a través dun novo Plan Anticrise, costeará este parte que lles correspondería pagar aos municipios. Ademáis de o concello de A Pobra, Boiro e Muros tamén están incluídos neste novo plan.

    Esta partida súmase a outros dous Plans Anticrise que vén de poñer en marcha a entidade provincial co obxectivo de paliar as necesidades económicas dos municipios. Estas actuacións expresan, sinalou Rosana Perez, o compromiso da Deputación da Coruña cos concellos na actual situación de recesión económica.

    Redacción Barbanza