RIBEIRA> O Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital acolleu a entrega do premio Atlante. Nesta décimo cuarta edición, o máximo galardón recaeu no artista tailandés Prakarn Jantaravichi. O director do museo anunciou a creación dun novo premio que levará o nome de Manuel Ayaso.
O xurado desta décimo cuarta edición elixiu por unanimidade a obra Melón 1 do tailandés Prakan Jantaravichi como gañadora do premio Atlante ramiro Carregal dotado con 5 mil euros. Completan o palmarés a madrileña Mari Carmen Isasi, Federica Bau de Bilbao e Marco Poma mentres que a pontevedresa Carolina Bouiza fíxose co premio Galicia.
Ademais das autoridade e representantes do tecido cultural de toda a comarca, asistiu ó acto de entrega o secretario xeral de Cultura. Anxo Lorenzo destacou a importantísima labor desta Fundación cun certame de gran repercursión a nivel internacional.
Duranto o acto presentáronse tamén as bases da decimo quinta edición que inclúe como novidade un premio para novos gravadores, menores de 25 anos, que levará o nome do recentemente finado Manuel Ayaso











