Poio aclara a situación do catrastro no concello

Pontevedra> Nova regularización catastral no concello de Poio e con ela nova polémica. Un catastro que trae consigo o pagamento de 60 euros por cada actualización. Dende o concello insistiron esta mañá, en resposta ás críticas vertidas por Moldes, en que se trata dunha lei e normativa do Goberno Central é que son eles os que se levarán eses cartos e non o municipio. Trala nova regularización do catastro en Poio cada veciño que teña que facer unha actualización no seu terreo deberá pagar 60 euros, unha medida, que a diferencia do que di o PP do concello, dende o Goberno local informan que se trata dunha lei e normativa do Goberno Central e que polo tanto todos estes cartos cóbraos o Ministerio. Poio conta con 2700 actualizacións co cal dende o concello teñen claro que esta regularización venlle moi ben ao Ministerio. Pero lembran que en Poio o valor do IBI é medio e non un dos máis altos como afirman dende as filas do PP Os veciños de Poio terán de prazo ata este venres para realizar a actualización do seu catastro.