A Deputación de Pontevedra convida a ‘volver’ ás Rías Baixas para descubrir o interior da provincia

MADRID> A Deputación de Pontevedra descubriu en Fitur unha campaña que cualificaron de ‘rompedora’. Por primeira vez, o interior da provincia foi o protagonista, sen ningunha alusión á costa. Dende o organismo que preside Luis López cren que esta estratexia de Rías Baixas permite ao visitante descubrir unha parte descoñecida da provincia. Defenden que a acción turística ten que chegar aos 61 concellos.

Este ano a Deputación de Pontevedra aposta por levarnos terra adentro, para amosarlle ao mundo que o destino Rías Baixas é moito máis que costa. Aproveitaron o seu paso por Fitur para difundir os atractivos que ofrece o interior da provincia de Pontevedra. O presidente fala dunha campaña ‘rompedora’.

Unha aposta polo territorio máis descoñecido da provincia, para que a acción turística de Rías Baixas chegue aos 61 concellos pontevedreses. Todo isto baixo o lema ‘Cando volves?’.

A proposta contou cunha gran acollida. A presentación da Deputación de Pontevedra encheu o expositor galego na Feira de Turismo.

A axenda da Deputación de Pontevedra en Madrid está ateigada de citas. Nestes tres días dedicados ao público profesional en Fitur o goberno provincial ten previstos máis dunha quincena de actos.

E avanza López que logo de Fitur, a Deputación seguirá a desenvolver a súa acción turística, desta volva, en Berlín.