Formación, diversificación e innovación: os tres eixos do Plan de Emprego de Podemos-Marea da Vila

VILAGARCÍA> En Vilagarcía, Podemos-Marea da Vila presentou esta mañá o seu plan de emprego e dinamización económica. Unha proposta que, segundo resumiu a súa candidata María de la O Fernández, baséase nos eixos de formación, diversificación e innovación. O obxectivo, explican dende a formación, é fomentar o emprego de calidade e o emprendemento sobre todo entre a xente nova.

Formación, diversificación e innovación. Son os tres eixos do Plan de Emprego presentado esta mañá pola candidatura de Podemos-Marea da Vila co obxectivo de xerar emprego e dinamizar a economía. Unha tarefa na que, consideran, o concello debería ter un papel máis activo.

A creación dun centro de emprendemento estable, un catálogo de oportunidades para orientar os plans de negocio, a rehabilitación da praza de abastos ou a modernización das áreas empresariais son outras das propostas da formación morada.

A candidata María de la O Fernández fixo referencia tamén aos obradoiros de emprego do concello. A alcaldable apostou por reformulalos para que se convirtan nun verdadeiro instrumento que facilite a incorporación das persoas a novos postos de traballo.

Fernández sinalou ademais a recuperación do Balneario da Compostela como un espazo polivalente no que se realicen formacións e se promova a excelencia hostaleira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí