O club anfitrión aspira a facerse coa Bandeira de Traíñas Concello da Pobra

    POBRA> A Pobra acolle este sábado a decimo segunda edición da Bandeira de Traíñas Concello da Pobra. O equipo anfitrión, segundo na clasificación xeral, parte con moitas posibilidades de facerse co triunfo. O club de remo da Pobra asume con gran ilusión a organización desta regata na que parte con moitas posibilidades de facerse coa bandeira. A partir das seis e media da tarde, once embarcacións repartidas en tres quendas tomarán o campo de regatas nas inmediacións do peirao comercial. O club anfitrión formará parte da quenda máis potentes e medirá forzas cos primeiros clasificados da liga. Con esta tan só restan catro regatas para rematar a liga. Do papel dos pobrenses nestas citas dependerá o seu posto na clasificación xeral, na que actualmente ocupan a segunda posición. O concello seguirá a apoiar ó club de remo nesta e noutras citas deportivas que teñen por diante. Ademais do apoio loxístico e de transporte, administración e club manteñen un convenio anual para a promoción do remo.