A corporación municipal pobresa aproba en pleno a implantación dun ciclo de hostalería e turismo

    plenopobra_100_080906.jpgPOBRA > A corporación municipal da Pobra do Caramiñal reuniuse onte no salón de sesións do concello para celebrar un pleno con carácter extraordinario. Un dos puntos contemplados na orde do día era a moción socialista relativa á implantación na Pobra dun novo ciclo de Formación Profesional sobre Turismo e Hostalería. A proposta foi aprobada por unanimidade no pleno, aínda que BNG e PP non quixeron deixar pasar a ocasión sen introducir algúns matices. 

    Despois de ser aprazado o seu tratamento nos dous plenos anteriores, os socialistas pobreses puideron expoñer onte a súa proposta sobre a necesidade de ampliar o mapa de ciclos formativos do concello coa incorporación dun relativo ó Turismo e Hostaleíra. Segundo os socialistas, o hostaleiro é un sector clave na comarca do Barbanza e que polo tanto require unha maior profesionalización para potenciar a súa calidade.

    plenopobra_200_080906.jpgÓ igual que os socialistas, o BNG considera que nestes momentos o concello pobrés se atopa estancado en materia educativa, unha situación que podería mellorar se se procedese á creación dun Consello Escolar no que estivesen incluídos os representantes políticos, pero mentres isto non se cumpra, seguirán apoiando as mocións que aposten pola calidade da ensinanza no concello.

    A moción socialista foi aprobada finalmente por unanimidade, aínda que polo de agora o mapa de ciclos formativos está pechado e non será posible amplialo para o curso que está a piques de comezar.

    Redacción Barbanza