A Pobra centra nos escolares boa parte da programación das Letras Galegas

POBRA> O departamento de Cultura da Pobra deseñou un amplo e variado programa de actividades para celebrar o mes das Letras.

A maioría destas actividades están orientadas ós nenos, co obxectivo de fomentar a lectura e dinamizar a lingua entre os máis cativos. Haberá tamén varios espectáculos dirixidos a un público adulto.

O departamento de Cultura da Pobra deseñou un amplo e variado programa de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas que non se limitarán unicamente a ese día, senón que terán encadre ó longo de todo este mes. Boa parte das actividades programadas terán como destinatarios ós escolares do municipio, con diferentes propostas, nas que se incluirán varios concursos.

Unha ruada con grupos tradicionais polas rúas da vila o día 17, sesións de contacontos para escolares o 18 ou a presentación  do libro Memorias dunha estrela sen luz, de Andy da Fonte, o día 28 serán parte tamén desa estensa programación.

O Concello repartirá tamén ó redor duns mil  libros en lingua galega entre tódolos centros de ensino do municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí