BARBANZA> Os concellos de Muros, Noia e Rianxo recibirán as achegas correspondentes ó Programa das Áreas de Rehabilitación Integral, cofinanciado polo Ministerio de Fomento e a Consellería de Infraestruturas e vivendas. En total, os tres municipios barbanzáns beneficiaranse dunha axuda total de trescentos trinta e seis mil euros. O concello máis beneficiado da comarca será o de Noia que recibirá cento sesenta e cinco mil euros para diversas actuacións de rehabilitación no casco histórico. Pola súa banda, Muros contará cunha axuda de noventa e oito mil euros que lle permitirán asumir a rehabilitación de varias edificacións no casco urbano. No que respecta a Rianxo aprobouse unha axuda de setenta e tres mil euros para dar continuidade ós plans de rehabilitación iniciados tanto no núcleo urbano como en Rianxiño e na Fincheira.
Inicio BARBANZA