IC Boiro súmase ás críticas polo proxecto de saneamento no río Breiro

    BOIRO> Ó igual que fixeran outros grupos da oposición, Iniciativa Cidadá de Boiro oponse ó proxecto de saneamento que se está a levar a cabo no río Breiro. Cualifícano de despilfarro e de atentado ecolóxico posto que supuxo a tala de numerosas árbores autóctonas. O voceiro de ICBoiro criticou o proxecto de mellora do colector do Río Breiro negando a existencia de vertidos. Se ben considera que era preciso acondicionar a contorna do río, Manuel Velo critica a execución deste proxecto orzamentado en máis de dous millóns de euros que supuxo a tala de numerosas árbores. Dende Iniciativa Cidadá de Boiro non entenden a urxencia de substituír este colector de fibrocemento cando, din, a rede de abastecemento da auga de boa parte do municipio é deste material. O alcalde saíu ó paso das críticas da oposición defendendo a necesidade deste proxecto que acabará con numerosos focos de vertidos urbanos. A actuación contempla ademais a creación dunha zona verde e unha senda peonial ata a praia de Barraña.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí