Preto de medio millón de euros para a remodelación do paseo de Coroso

     RIBEIRA> Iniciada a reforma do paseo marítimo de Coroso. A actuación, que suporá un investimento próximo ó medio millón de euros, suporá a renovación total desta infraestrutura.

    {flowplayer}barbanza/reformapaseocoroso.flv{/flowplayer}
     
    A chegada do bo tempo anima a visitar lugares como o paseo marítimo de Coroso. Sen embargo aqueles que se acheguen nestes días ata a zona compartirán espazo coas obras.
     
    A actuación que se acaba de inciiar suporá una importante reforma do paseo coa renovación da rede de saneamento, a creación de miradoiros a ampliación do carril bici e a reposición de tódalas lousas en mal estado.
     
    Obras durante o verán
     
    Malia que os usuarios coinciden no necesario desta actuación, algúns non entenden as datas elixidas para materializada. A obra conta cun prazo de execución de 120 días naturais, coincidindo coa época estival, precisamente na que máis visitantes recibe o paseo.
     
    Sen embargo, o concello e a empresa adxudicataria, Acciona Infraestruturas S.A., deseñaron un plan de obra que pretende minimizar as molestias ós visitantes. As actuacións executaranse por treitos garantindo sempre un mínimo de dous metros de ancho para o tránsito de peóns.
     
    Redacción Barbanza