Os vándalos volven causar danos nos Muíños de Amendo

    RIBEIRA> Novos actos vandálicos na contorna dos muíños do río Amendo, na parroquia ribeirense de Carreira. Ademais de arrancar unha porta, os autores destes feitos destrozaron diverso mobiliario urbano así como ferramentas e maquinaria dos muíños. Os vándalos volveron facer das súas na contorna dos muíños de Amendo, en Carreira, un espazo que xa ten sufrido destrozos en varias ocasións. Desta volta, os asaltantes arrancaron unha porta e romperon numerosos mobiliario así como ferramentas e maquinaria utilizada para moer que formaban parte deste conxunto patrimonial. Dende a asociación de veciños de Carreira amosaron o seu malestar polos danos que se están a ocasionar a un espazo tan emblemático onde cada ano celebran a muiñada de Amendo. Solicitan que se incremente a seguridade na zona, onde son frecuentes os botellóns, e que se endurezan as sancións para os autores destes feitos.