A Deputación lanza un plan de axudas de 18 millóns de euros

Pontevedra> A Deputación de Pontevedra ven de presentar un Plan para os concellos de menos de 20 mil habitantes. Trátase dun plan no que investirán 18 millóns de euros nos vindeiros 3 anos e que está destinado a actuacións relevantes nos concellos da provincia. Un dos requisitos para adherirse a esta axuda é que o proxecto ten que estar avanzado co fin de que estea rematado antes do 30 de xuño do 2019. A Xunta de Goberno Provincial aprobou o pasado venres un plan de axudas para obras singulares en concellos de menos de 20 mil habitantes. Tratase dun plan no que a deputación investirá 18 millóns de euros nos vindeiros 3 anos. Entre os requisitos está que o proxecto estea en estado avanzado, co fin de licitar a obra antes do 30 de xuño do 2018, trátase dun plan onde por proxecto a Deputación non investirá máis de 1,5 millóns de euros, e subvencionará un máximo do 80 por cento do custe total destes traballos. Os concellos interesarse en formar parte deste plan terán de prazo un mes dende que se publiquen estas axudas no BOP, a comisión técnica, formada por funcionarios da deputación será a que decidirá a qué obras que se presta esta axuda provincial. Trátase dun investimento de 18 millóns de euros, repartidos nos vindeiros 3 anos con 6 millóns de euros cada ano. Os concellos que xa reciben dende a Deputación subvencións de máis de 600 mil euros quedan excluídos destas axudas.